HISTORIA

Atox é promovida desde 1987, constituíndose como entidade en acta de fundación e estatutos, os cales son aprobados o 1 de decembro de 1988. A súa creación responde á necesidade da poboación de Ourense e das proximidades, de ser informada e orientada acerca dos problemas ocasionados polo consumo de drogas, e de por en funcionamento iniciativas para atender ós grupos inmersos nesta problemática. É por isto, que un grupo de persoas se une cun propósito en común: axudar a todas as persoas que o precisen e procurar alternativas para o problema da drogodependenza, sendo ditas iniciativas raras ou inexistentes nestes tempos na nosa comunidade.

Os fundadores pioneiros foron: D. José Ángel Feijoo Miro, Dona María Dolores Pérez Casado, D. José Manuel Santamaría González, Dona Amelia Piñeiro López, D. Daniel Ullán Moreno e D. Xosé Ramón Vázquez García.

As primeiras reunións tiveron lugar nos fogares dos fundadores ou noutros lugares coma cafeterías, centros cívicos, etc. Reuniuse diñeiro ofrecido polos socios, fundadores e donativos de persoas que soportaban a Asociación. Co paso do tempo obtivéronse subvencións de Sanidade, Servizos Sociais e do Concello de Ourense. Por isto, noso máis profundo agradecemento a un dos fundadores e o primeiro presidente de ATOX, D. Xosé Ramón Vázquez García, persoa moi activa, e cunha salientable significación para a cidade polas súas diferentes facetas.

D. Xosé Ramón Vázquez García, coa colaboración de D. Xosé Ángel Feijoo Mirón e Dona María Dolores Pérez Casado, foron os encargados, coa súa capacidade de traballo, tenacidade e motivación, de por en marcha o que, desde entón, foron os plantexamentos da asociación. Acordarnos tamén de D. José Rojo Salgado cuio efémero paso pola Asociación como presidente débese a que, pouco despois de incorporarse ó cargo, foi chamado para ser Subdelegado de Goberno na Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia. Posición que ocupou D. Manuel Fernández, persoa vinculada ó mundo empresarial ourensán e que se implicou profundamente na Asociación desde que desempeñan dito cargo. Queremos mostrar tamén o noso profundo e máis sincero agradecemento a todas as persoas que colaboraron dunha forma ou outra nesta Asociación. Membros da Xunta Directiva: D. Alfonso, Dona Fina Caramés, Dona Zaida Varela, D. Demetrio Miguel Fernández, D. Francisco Novoa, D. Julián, etc. Recoñecidos profesionais da psicoloxía como Dona Encarna Suerio e D. Cándido Amorín. Antigos traballadores e demais persoal, facendo tamén mención os voluntarios que sen eles, Atox, non chegaría a obter o recoñecemento que ten a día de hoxe.

EQUIPO

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENZAS

  • Médico psiquiatra
  • Médico
  • Psicóloga
  • Traballadora social

 

CENTRO DE APOIO A PROCESOS TERAPÉUTICOS, PROGRAMAS DE INSERCIÓN SOCIO-LABORAL, TALLERES E ACTIVIDADES

DirectorEducador social, experto universitario en drogodependenzas, cursos de prevención e abordaxe de recaídas, ludopatía, habilidades sociais e búsqueda de emprego, adolescentes, drogas e familia.

Coordinadora – Relacións laborais, máster en dirección e recursos humanos en dirección e xestión de empresas, técnico superior en riscos laborais na especialidade de ergonomía e psicoloxía e hixiene industrial.

Educadores – Expertos universitarios en conductas adictivas.

O CENTRO

ESTAS SON AS NOSAS INSTALACIÓNS:

Contamos con dous edificios de instalacións, nun deles, situado na Rúa do Paseo de Ourense, ubícanse as oficinas principais, sala de lectura, aula de informática e aulas para os diversos talleres. Noutro edificio está ubicado o piso de apoio residencial, que conta con tódalas instalacións básicas para cubrir as necesidades dos usuarios.