Estivemos en Baños de Molgas, pertencente á comarca da Limia Alta, de Allariz-Maceda na provincia de Ourense; realizando un cursiño de catro días sobre o traballo de Informador de Guía Turístico. Durante eses días tivemos unha visita guiada polos lugares máis destacados como o Balneario, a Igrexa de Santa Eufemia, a Fonte das Ninfas.
Estivemos falando coa guía turística Rosa Dorado, sobre no que consistía o sector turístico, como dar a coñecer un lugar destacando os seus monumentos e lugares máis significativos da zona.
Con Heitor Real aprendemos sobre o mundo da publicidade e edición de folletos informativos. Estivemos falando sobre o difícil que e transmitir a información dun monumento turístico a un folleto informativo.
Tamén estivemos con Henrique García falando do mercado laboral e do sector turístico e básicamente cómo elaborar un currículum e de posibles saídas laborais.